SIRGa, Sistema de Información de Residuos de Galicia

Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Menú principal de xestións
Vostede está en Inicio

E3L

Environmental Electronic Exchange Language (E3L) é un estándar desenvolvido polas Comunidades Autónomas para facilitar o intercambio de información entre as distintas entidades públicas e privadas involucradas no proceso de tramitación e intercambio de datos de carácter ambiental.

Baseado nun estudo previo que analizou os fluxos de información requiridos pola lexislación en materia ambiental na Unión Europea en xeral e en España en particular, E3L pretende ser a referencia para a comunicación en calquera materia ambiental, proporcionando deste xeito unha tecnoloxía accesible a todas as partes involucradas ou interesadas no proceso.

Sen dúbida, o consenso e harmonización de ratios e indicadores en materia ambiental é un dos retos da nosa sociedade. Se desexamos ofrecer políticas adecuadas, requírense datos adecuados en todos os elementos da cadea do fluxo de materiais. E3L facilita este consenso e harmonización tan necesitada por todos, pois achega, non só unhas regras de interconexión entre plataformas, senón un verdadeiro manual de boas prácticas, soportado, ademais, en todos os seus elementos pola lexislación ambiental vixente.

Máis información:

© Xunta de Galicia. Información mantida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas