SIRGa, Sistema de Información de Residuos de Galicia

Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Menú principal de xestións
Vostede está en Inicio

Nova versión do SIRGa

Xa se atopa dispoñible a nova versión 4 de SIRGa.

Dúas son as novidades máis destacables que incorpora a nova versión:

  1. Adaptación á linguaxe estándar E3L (Environmental Electronic Exchange Language). E3L é un estándar de comunicación desenvolvido pólo Ministerio de Medio Ambiente, Médio Rural e Mariño, e polas Comunidades Autónomas, para facilitar o intercambio de información entre as distintas entidades públicas e privadas involucradas no proceso de tramitación e intercambio de datos de carácter ambiental. Pretende ser a referencia para a comunicación en calquera materia ambiental e neste intre todas las Administración Ambientais teñen implantado esta linguaxe o estan adaptando seus sistemas. Unha vez adaptado, SIRGa permitirá a recepción de documentación no formato estándar ambiental E3L. E3L  pode xenerar documentos para os traslados de resíduos tanto intracomunitarios como intercomunitarios, pero inicialmente permitirá só a carga de documentos en formato E3L das notificación previas de traslado (NT).e dos Documentos de Control e Seguimento (DCS), documentos que son os mais utilizados nos traslados entre Comunidades Autónomas. Vantaxes da utilización desta linguaxe:

    • Permite ás empresas que teņen sistemas de información internos exportar toda a información de xeito periódico ao SIRGa, sen ter que duplicar traballo.
    • Permite o rexistro de traslados, incluidos os que vaian cara ou proveņan de fora de Galícia.
    • Evita asignar números de DCS (GA xxx, F xxx): mediante E3L as empresas poden xerar os seus propios números únicos de DCS e NT.

    Para poder aproveitarse destas vantaxes, as empresas deberán ter adaptado o seu sistema de información á linguaxe E3L. Ten vostede información detallada desta linguaxe no enderezo http://sirga.medioambiente.xunta.es/e3l.html. No caso de que a súa empresa non teņa adaptado o sistema, poderá seguir utilizando o SIRGa como ata agora.

  2. Integración da sinatura electrónica no Libro de Rexistro. Coa nova versión de SIRGa as empresas rexistraran os seus traslados no libro de rexistro, asinándoos electrónicamente e obtendo as seguintes vantaxes:

    • Os traslados de residuos perigosos apuntados e asignados no libro-rexistro, non necesitaran que sexan xustificados na Conselleria mediante a remisión das copias dos DCS, sendo por tanto innecesaria súa remisión en papel asinada.
    • Non será preciso notificar na Declaración Anual os apuntes de traslados rexistrados no libro de rexistro asinados electrónicamente.
    • Os traslados no libro de rexistro estarán asinados por produtor e xestor, podendo consultar os datos de traslado, as cantidades enviadas e as cantidades aceptadas.

    A sinatura electrónica poderá facerse como ata agora utilizando o certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre - Real Casa de la Moneda tanto de persoa física como de xurídica xunto.co DNI eléctronico.

Pode consultar máis en detalle estas novidades no novo manual do SIRGa.

© Xunta de Galicia. Información mantida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas