SIRGa, Sistema de Información de Residuos de Galicia

Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Menú principal de xestións
Vostede está en Inicio -> Outros Residuos ->

Xestión de pneumáticos fóra de uso

Normativa de referencia

Real Decreto 1619/2005, do 30 de decembro, sobre a xestión de pneumáticos fóra de uso.

Definicións

  • Produtor de pneumáticos fóra de uso: a persoa física ou xurídica que fabrique, importe ou adquira noutros estados membros da Unión Europea, pneumáticos que sexan postos no mercado nacional.
  • Xerador de pneumáticos fóra de uso: a persoa física ou xurídica que, como consecuencia da súa actividade empresarial ou de calquera outra actividade, xere pneumáticos fóra de uso. Queda excluído de tal condición o usuario ou propietario do vehículo que os utiliza.
  • Posuidor de pneumáticos fóra de uso: ao xerador de pneumáticos fóra de ño ou á ñ persoa física ou xurídica que os teña no seu poder e non teña a condición de xestor de pneumáticos fóra de uso.

Responsabilidades

  • O produtor de pneumáticos está obrigado a recibir os pneumáticos fóra de uso, ata a cantidade posta por él no mercado nacional de reposición, ben porque lle sexan entregados polos xeradores ou polos posuidores destes, ben porque sexan recollidos por él mesmo. Así mesmo, debe garantir que todos estes pneumáticñ fóra de uso xestiónanse debidamente.As obrigas que se impoñen aos produtores poden realizalas ben directamente, mediante a organización de sistemas propios de xestión, ou ben participando en sistemas integrados de xestión de pneumáticos fóra de uso, debidamente autorizados pola correspondente comunidade autónoma.
  • Os xeradores de pneumáticos fóra de uso deben facerse cargo daqueles que xeren como consecuencia da prestación dun servizo dentro do marco das súas actividades.
  • O xerador ou posuidor de pneumáticos fóra de uso está obrigado a entregalos ao produtor de pneumáticos ou a un centro autorizado ou xestor, a menos que procedan a xestionalos por si mesmos.

Recollida dos pneumáticos usados

SIGNUS recolle de balde os NFU a través da empresa Recuperación de Rodas e Madeira (REROMAS). As instalacións (talleres e demais) que desexen facer entrega dos NFU a SIGNUS deben darse de alta como punto de xeración acreditado na páxina web www.signus.es ou ben poñerse en contacto a través do teléfono 902.882.115

Recollida dos pneumáticos fóra de uso preexistentes

Os posuidores de pneumáticos fóra de uso xerados con anterioridade á data de entrada en vigor deste real decreto deberán adoptar, por si mesmos, as medidas necesarias para garantir a súa correcta xestión.

Repercusión do custo de xestión na factura

Aos efectos de fomentar unha maior e mellor concienciación cidadán en materia de prevención de residuos e, concretamente, dos pneumáticos fóra de uso, na factura de venta ao conñmidor ou usuario final do pneumático de reposición especificarase a repercusión que teña no seu prezo o custo económico da xestión do residuo ao que este dará lugar cando se converta en pneumático fóra de uso.

Almacenamento dos pneumáticos usados

O almacenamento nas instalacións dos xeradores ou posuidores non poderá exceder un ano nin cantidades superiores a trinta toneladas.

Sistemas Integrados de Xestión (SIX) autorizados:

SIX Data de autorización Páxina web
SIGNUS
10/05/2007
www.signus.es
TNU
20/09/2007
www.tnu.es

© Xunta de Galicia. Información mantida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas