A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Sistema Integrado de Xestión Ecoembes asinaron o pasado 30 de decembro do 2010 o novo Convenio Marco de Colaboración para a recollida selectiva e reciclaxe de residuos de envases, que ven substituír ao Convenio asinado o 11 de abril do 2005 .
En Galicia atópanse adheridos ao Convenio marco Xunta-Ecoembes un total de 308 concellos.
Os obxectivos fundamentais do novo Convenio radican en conseguir aumentar os niveis de reciclaxe e mellorar a calidade do material recollido. O Convenio establece incentivos baseados en bonificacións económicas para aqueles concellos que realicen unha recollida selectiva de calidade.
| Convenio Marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e Ecoembes | Documento |
|---|---|
| Convenio Marco | Arquivo pdf |
| ANEXO I. Copia da autorización do sistema integrado de xestión | Arquivo pdf |
| ANEXO II. Colaboración económica de Ecoembes | Arquivo pdf |
| ANEXO III. Facturación e documentación | Arquivo pdf |
| ANEXO IV. Procedementos de seguimento e control das actividades |
Arquivo pdf |
| ANEXO V. Designación do recuperador ou reciclador dos materiais recuperados | Arquivo pdf |
| ANEXO VI. Características e criterios para a realización de campañas de comunicación |
Arquivo pdf |
| ANEXO VII. Información sobre o desenvolvemento do convenio marco | Arquivo pdf |
| ANEXO VIII. Modelo de convenio de adhesión dunha entidade local ou consorcio | Arquivo pdf |
Documentación que as entidades locales deben presentar:
| Documentación | Formulario |
|---|---|
| Modelo de carta para delegar a facturación dos fluxos económicos da recollida selectiva de envases ou a campaña informativa complementaria. |
Arquivo pdf Arquivo word |
Coa finalidade de simplificar e axilizar o proceso de facturación e envío de información, Ecoembes pon á disposición de todas as entidades a posibilidade de proporcionarlle a información requirida para a facturación a través da páxina web www.ecoembes.com.
© Xunta de Galicia. Información mantida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas